segunda-feira, 29 de dezembro de 2025
EUROPA DE REPENTE ENTREVISTA A ROBERTO MONIZ - MADEIRA
Roberto Moniz é docente de cordofones, improvisador-repentista e dinamizador cultural da Madeira. Este artista multi-disciplinar está a potenciar o mundo do repentismo na Illa da Madeira nos últimos anos para facelo visible no resto do mundo. Organizador de eventos, obradoiros e encontros arredor da improvisación oral no mundo, como o caso do “Encontro de Santa Cruz”. Dende o ano 2000 leva viaxando coa A.C. Xarabanda para mostrar o improviso da Madeira en lugares como Malta, Maiorca, Menorca, Calabria, Alentejo, Galiza...
Está a realizar un inmenso traballo para darlle continuidade a estilos tan importantes como o Xaramba, o Despique ou mesmo recuperar tradicións como “o varrer dos armários” en Santa Cruz na época de reis (con grande éxito).
Neste vídeo explica con claridade cal é a diferencia entre o Xaramba e o Despique, así como a súa situación actual.
Realizou tamén tres documentarios de divulgación e análise sobre o Despique, o Bailinho e a Formación actual no improviso.
Considera que o futuro do repentismo na Madeira pasa por que exista unha aposta forte das institucións, a maiores da implicación das asociacións e as persoas activistas.
É consciente que o feito diferenciador do repentismo madeirense está na expresividade.
A visibilidade nos medios de comunicación tamén considera que é importante para achegarse á diáspora madeirense. “Na miña terra tv”, que transmite para todo o mundo por internet, colabora activamente na divulgación do repentismo, máis considera que as televisións locais e a prensa escrita deberían dar máis apoio ao movimento asociativo.
Para el improvisar é divertirse, conversando con outra persoa, cantando e tocando para empregar a imaxinación e dicir, cantando, cousas que ás veces non somos capaces de expresar falando. O repente é unha forma de vida!!!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário